Benvid@s!!!!

venres, 28 de febreiro de 2014

E tocounos ir á radio!!!!

Esta semana tocounos a "Cantarela dos nenos" de Neira Vilas, poema adicado á PAZ. Aquí tedes os poetas que a recitaron na radio.


                                                 Amiguiños todos

amiguiños xa,
os nenos de aquí
e os nenos de alá. 
Os nenos do mundo
todos a cantar
a unha mesma voz
collidos das mans.
 Cantarela nosa
de amor e de paz,
sen penchas nin odios,
sen falsa irmandá.
 Rolda de sorrisos,
dende mar a mar,
corazóns abertos,
ollos de amistad.
 Amiguiños todos,
amiguiños xa,
os nenos de aquí
e os nenos de alá.





domingo, 9 de febreiro de 2014

Día da Paz

O venres 31 fomos ao ximnaxio a conmemorar o día da Paz, fixemos na aula unhas mans que despois nos servirían para crearlle as plumas a POMBA DO HUMBERTO JUANES. Tamén cantamos e bailamos a canción dos SPECIALS adicada a Nelson Mandela.
Aí tedes unhas fotiños do momento: