Benvid@s!!!!

martes, 28 de outubro de 2014

Samaín

Chegou o Outono, e con el, o tempo da vendimia, das castañas, das longas noites de choiva, vento e frío. Pero tamén é o tempo do SAMAÍN, un tempo de tradicións e sobre todo, de medo, de moito medo.
















GALLETAS TERRORÍFICASSSSSSS

Con motivo do Samaín, o venres pasado tivemos unha sesión de cociña, fixemos galletas con fariña de millo e con todo tipo de ingredientes aptos para celiacos. Estivo terrorificamenteeeeee divertidooooooo!!!!!. Grazas profe Carmen por ser a nosa master chef na aula de 4ºB e 4º A.











GALLETAS DE MEDO

INGREDIENTES


- 250 gr de maizena ou preparado de fariña sin gluten
- 200 gr de azucre
- 2 culleriñas de esencia de vainilla
- 125 gr de manteiga
- 2 ovos
- Cacao en po, colorante alimentario  ou virutiñas de chocolate para decorar


PREPARACIÓN

a Poñemos o forno a quentar a uns 180º.
B  Preparamos unha bandexa de forno con papel vexetal.
c Botamos o azucre nun vaso alto de batedor e batémolo un par de minutos.   
d Engadimos a manteiga, as dúas culleriñas de esencia e un dos ovos, e
    batemos un pouco máis para que se xunte todo.
e Nunha cunca poñemos a maizena e engadimos a mestura que batemos
   antes e xuntamos todo outra vez.
f Collemos un pouco de masa e se queremos lle engadimos unhas gotiñas de 
    colorante, estendémola e cos moldes imos facendo as galletiñas medosas
    e colocándoas na bandexa.
g Batemos o ovo que nos queda e pintamos con el as galletas, ou as
    decoramos co cacao ou coas virutiñas.
h  Metemos as galletas no forno, e esperamos uns 7 minutos.
i  Cando vexamos que están totalmente feitas sacámoas e esperamos a
    que arrefríen, antes de separalas do papel.

               A que están de meeedo?


mércores, 22 de outubro de 2014

Ruta de Valença a Monçao en bici

Aquí temos toda unha deportista que esta fin de semana fixo unha ruta marabillosa en bici no país veciño!!!. Xa sabedes se queredes animarvos vós tamén, non tedes máis que preguntarlle a Lía a súa experiencia. Pero preparádevos eh!!!!!. Son nin máis nin menos que 18 km os que percorreou a nosa compi!!!!



domingo, 19 de outubro de 2014

Ramadevi

E chegou o xoves Ramadevi ao cole!!!Ramadevi é natural de Akutotapalli, unha aldea situada a 10 km. de Anantapur, India. Ten 32 anos e fala telugú, a lingua local de Anantapur, inglés, castelán e catalán. Casou ao finalizar os seus estudos de secundaria e, despois de casarse, estudou Humanidades. É voceiro da Fundación Vicente Ferrer e periodicamente visita o España para compartir a realidade das mulleres na India rural. Aí van unhas cantas fotos da súa visita.









E seguimos co xadrez!!!

Parece que xa todos sabemos as regras de xogo, e agora comezamos a divertirnos de verdade...Soamente nos queda dominalo practicando, practicando e practicando.





Presentación de Pou!!!!!!

Hola chic@s,  este es Pou, un conejo que nos regaló una amiga con la condición de que hay que demostrar éque somos responsables para cuidarlo. Estamos muy ilusionadas con él.


domingo, 12 de outubro de 2014

Iniciación o XADREZ

A semana pasada comezamos a iniciación ao XADREZ, agardamos botar grandes partidas con calquera que se ofreza a xogar con nós, Dádenos un pouquiño de tempo para aprender máis e estaremos listos!!!!









ESTATALA, música e teatro

Ola a todos e todas,


O venres día 10 de outubro, tivemos na escola unha pequena sorpresa, o grupo ESTATALA de teatro e música visitou o centro e todos os cursos tivemos a oportunidade de participar nunha sesión con eles!!!!!.








luns, 6 de outubro de 2014

Visita de Xián ao Zoo Santo Inácio (GAIA_PORTO)

Hoxe Xián trouxo unha proba de que estivo nun zoo xenial, en Portugal, todos agardamos que non despulmara as aves do zoo!!!.El explicounos que collera plumas no chan de distintos tipos de aves, iso tamén nos serviu para descubrir que as plumas das aves son impermeables e o por que de esa característica. Grazas Xián por traernos esas probiñas que tanto nos gustan para poder seguir aprendendo e por suposto experimentando a realidade.


           

Traballo en equipo

Ola amig@s comeza este ano o noso traballo en equipo, será que o conseguiremos???. Será que nos portaremos ben e a profe non nos cambiará de sitio?. Será que imos traballar mellor?. A mestra está segura diso, imos ver se el@s o están tamén.





Master Chef por un día!!!!!!!!!

Da casa ao cole, nestas dúas semanas pasadas os nenos trouxeron as súas receitas "DELICATESSEN" para que probáramos. A verdade que moitos deles tiveron a sorte de experimentar o marmelo de Javi, así como o biscoito de Lore. Grazas, grazas e máis grazas nen@s por pensar nos compis para poder compartilo.
En breve vos poñeremos as receitas, aínda que algún/ algunha xa me dixo que era un segredo...