Benvid@s!!!!

mércores, 9 de decembro de 2015

SAÍDA A TUI E A GALA PONTE NAS ONDAS

O mércores 25 de novembro fixemos unha saída didáctica a Tui. Percorrimos a zona vella e un guía explicounos o valor patrimonial tanto da muralla que arrodea a zona vella coma da catedral. Visitamos unha cárcere moi antiga e explicounos as imáxenes da fachada da catedral onde  representan a Natividade!

Despois fomos a radio local de TUI  e uns representantes de 5º,  Magín, Martina e Javi, falaron en directo.

Por último, a desfrutar ca gala de Ponte Nas Ondas con grupos de música tradicional galega e portuguesa.


CHEGOU O INVERNO AO COLE!!!

Pero que ganas de pasalo ben na clase.....que teño un pouco de frío??  pois levo a manta!!! O importante é atopar algo diferente e divertido cada día para pasalo ben ademáis de estudar!!
Porque traballar...traballan estes nenos de 5º!! 
Afortunadamente xa temos CALEFACCIÓN!!
Mirade esas cariñas que riquiños...!!






domingo, 22 de novembro de 2015

I ENCONTRO STELA MARIS E CEIP HUMBERTO JUANES


Os alumnos de 5º de primaria,  baixo o lema " Vivir na diversidade, garantir a igualdade" traballan de preto a etapa da vida mais afastada para eles, a ancianidade.

Este xoves, 19 de novembro de 2015, visitaron a residencia da 3ª idade situada fronte a praia da Madorra en Panxón no que se considera o I ENCONTRO XERACIONAL CEIP HUMBERTO JUANES E RESIDENCIA DA 3ª IDADE STELA MARIS.


 Entre as actividades realizadas, escenificaron un conto da editorial Kalandraka chamado "Avós", visitaron as instalacións e entrevistaron a algúns dos avós alí presentes. Tiveron un momento para valorar a era dixital fronte a era artesanal.  Os  sete elexidos entre os avós foron: Encarnación, Cristóbal Moreno, Soledad, Carmen, Julia, Ángela e Catalina foron os protagonistas. As súas profesións, moi diversas, atoparon unha modista, banqueiro, enfermeira (xubilada do hospital Xeral de Vigo), administrativa da empresa Pegaso, unha cacereña que vendía cereixas no seu burro e dúas traballadoras  do campo.



Ademais puideron compartir uns agasallos, por parte dos nenos unhas flores feitas con moito cariño e os avós os mellores consellos:
"Estudiade moito para ser bos na vida"
"Ser traballadores e humildes"
"Ter moito cariño cos avós que é unha sorte poder telos"

Os rapaces desfrutaron moito da experiencia, algunhas das súas declaracións: 
Andrea: " Ver a os avós emocionados gustoume moito"
Gisela: "Bailar con eles foi unha boa idea, encantoume!"
María: " Eran moi agradecidos"
Javi: " Cando estábamos facendo a obriña de teatro animábanme moito"

A experencia foi moi gratificante!!



 E puidemos desfrutar dun acompañamento musical incrible!! A nosa orquestra composta por:
1. MARTINA co seu clarinete!!
2. RAQUEL co seu saxo! 
3. SOFÍA co acordeón!!!
Sodes unhas máquinas!!!Parabéns!!!

















martes, 17 de novembro de 2015

BRIGADAS DE LIMPEZA NO PATIO DO COLE

- Oes Xian.... Tí sabes para que estamos a recoller o lixo hoxe na hora de ler??

- Poi seica os nenos ao longo do recreo...esquécense de tirar o lixo a papeleira e deixano no chan....
- Pero...iso é CONTAMINACIÓN...!!!!!!!!!
- Eso penso eu....se non limpamos nin o patio menudo planeta nos espera.....
- Pois a partires de hoxe vou ter mais coidadiño e non tirar nada e ademais estarei vixiando por se algún neno máis se lle pasa pola cachola......

mércores, 11 de novembro de 2015

RADIO VILAMEÁN A MELLOR RADIO DE TODO NIGRÁN!!

Hoxe mércores 11 de novembro de 2015


Foron a radio Vilameán: María, Xián, Lía e Inés de 5º B

Falaron de noticias do cole!: 
O magosto 2015 e de que xa hai lotaria lista para ser vendida....e se toca.....bufffff!!!!

Falaron de noticias deportivas:
Do campión do mundo de moto GP: Jorge Lorenzo.
Do celtiña que perdeu 1-5 contra o Valencia.

Falaron de novas de lecer:
Minions no auditorio de Baiona este domingo ás 17:30 horas.

E.... ademais ao longo desta semana dicirvos que estará unha mascota moi querida no cole.... 
LORENZOOO!!! 


OS NOSOS AVÓS: JOSE LUIS E SEBASTIÁN

Os avós Jose Luis (avó de Gisela) e Sebastián (avó de Lía) estiveron na nosa clase e contaron unhas historias moi chulas...a súa vida...
dous libros abertos!!! 
dous libros vivos!!!!
Foi un pracer escoitarvos!!
Deica pronto!!!





SEMANA DE MAGOSTÍN....MAGOSTO+SAMAÍN!!!!

UN ANO MÁIS CELEBRAMOS O ESPERADO SAMAÍN.....
SAPOS....BRUXAS...CURUXAS....MORCEGOS....GATOS NEGROS.....

AS ACTIVIDADES AO LONGO DA SEMANA FORON:

1º CONCURSO DE COUSAS DE MEDO
2º EXPOSAMAÍN 2015
3º RECEITAS DE OUTONO
Sairon cousas moi chulas!!















E despois o magosto....un tempo fabuloso!!! a 21 ºC puidemos estar desfrutando dun magosto case primaveral no monte de Pinzás...

O 9 de novembro de 2015    MAGOSTOOOOOO

Fixemos unha pequena camiñata polo monte...e ata levamos a nosa mascota...LORENZO!!






domingo, 25 de outubro de 2015

ESTÁ SEMANA ACONTECERON UNHA MOREA DE COUSAS!!

SEMANA DO 19 AO 25 DE OUTUBRO de 2015

Nesta semana aconteceron unha morea de cousas!!

Ímos por partes!!

Unha Visita de categoría...Susana Rodríguez Gacio estivo no noso cole!!
Susana ademáis de deportista paratriatleta, foi medalla de bronce no campionato do mundo celebrado en Chicago. Aos seus 27 anos xa é médico e fisioterapeuta. 
É albina polo que ten unha alteración xenética que lle impide producir melanina na pel, cabelo e ollos.   Isto fai que só teña un 5% de visión nun ollo e 7% noutro. 
Isto non foi impedimento para Susana acabara no deporte e mais concretamente no paratriatlón (natación, atletismo e ciclismo) e agora aspire a conseguir unha medalla nas olimpiadas de Río de Xaneiro de 2016. 
Ao finalizar de escoitar a súa experiencia foi moi amable e asinounos autógrafos a tod@s e entrevistámola  en Radio Vilameán....Velaí os locutores...
Moita sorte Susana!

Visita de Jose Luis (avó de Gisela)

Outra visita de categoria....Jose Luis foi mariñeiro, albanel e empregado de Citroën...na súa vida pasou por diferentes etapas...todas elas moi interesantes que os alumnos de 5º tiveron a sorte de escoitar.
GRAZAS Jose Luis!!





Un avó de categoría!!

3º APERTURA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
 A profe Marta (a nova Biblitecaria) informounos de como está distribuida este ano a biblioteca e de todas as novidades para este curso 2015/16.
Fixémoslle unha entrevista o día da apertura, xogamos a un xogo no patio da búsqueda dunha portada dun libro, explicounos o concurso mensual "1,2,3, a resposta atoparei"...
Mirade, mirade....