Benvid@s!!!!

luns, 27 de abril de 2015

Lecturas ao sol

Lecturas ao sol

 Esta actividade, xa feita outras veces, foi proposta novamente dende o equipo de traballo da Biblioteca Escolar, tendo en conta a boa acollida que tivo noutras ocasións, e realizada o xoves 23 de abril aproveitando a boa mañá que tivemos en Nigrán.





Pablo Moreno

Fai unhas semanas, tivemos a ocasión de poder disfrutar de Pablo Moreno.
Que quen é Pablo Moreno?  Pois Pablo Moreno forma parte do equipo nacional absoluto de esgrima na modalidade de sable. Estivo presente en todos os campeonatos do mundo absolutos de esgrima dende o ano 2009 e, ademáis, é campión de España individual e por equipos en todas as categorías. Pablo Moreno tentará chegar aos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro 2016. Co seu esforzo e o noso apoio  segurísimo que será posible. Ánimo Pablo!!

 Tamén estivo na compaña de un profesor de esgrima de Pontevedra no ximnasio do Colexio. Xuntos presentaron, de xeito ameno e moi próximo  ao alumnado, o deporte da esgrima. Ensinaron diverso tipo de material, e, sobre todo, explicaron cales son as aspiracións inmediatas de Pablo Moreno como deportista e a súa preparación para as vindeiras olimpiadas. Tamén estiveron respostando  a todas as preguntas dos nenos e nenas que, en algún intre houbo que cortar por falta de tempo.



luns, 20 de abril de 2015

A Sagrada Familia

O noso compi Xián estivo moi atarefado nas vacacións de Semana Santa. Aquí vos explica o que fixo!

"Esta Semana  Santa a rematei é de 194 pezas. Arquitectura de Gaudí en Barcelona".

Engadimos que...É unha basílica católica da cidade de Barcelona, obra non rematada do arquitecto Antoni Gaudí. Iniciada en 1882, é a obra máis importante de Gaudí e o máximo expoñente da arquitectura modernista catalá. A obra que realizou Gaudí, é dicir, a fachada do Nacemento e a cripta, foi incluída en 2005 pola UNESCO no Sitio do Patrimonio da Humanidade «Obras de Antoni Gaudí».




luns, 6 de abril de 2015

Visita ao Porto de Vigo e Pazo de Castrelos

A derradeira semana do segundo trimestre tivemos numerosas excursións e unha delas foi unha pequena visita ao Porto de Vigo onde aprendimos o proceso dende que se pesca o peixe ata que se distribúe, a importancia do porto e as diferentes instalacións e o seu uso. Despois o tempo nos permitiu merendar no parque do Pazo de Castrelos, e alí apreveitamos para aprender un pouquiños máis das árbores centenarias que por alí habitan. Aí van unhas fotiños para que poidades vivilo con nós.