Benvid@s!!!!

domingo, 31 de maio de 2015

Actos da semana da diversidade

Dificilmente como mestra se pode chegar a explicar esta semana cos nen@s, quizáis coas visitas que tivemos a sorte de ter nestes días, se aprendeu máis que en todo o curso en canto a valores. Quedámonos tod@s con que temos un CAZO, como o noso amig@ LORENZO, que temos que aprender a vivir coas nosas dificultades e tentar melloralas e por suposto que somos INCRIBLEMENTE IMPERFECTOS, e iso é marabilloso. GRAZAS CARMEN CAMPO, YOLANDA, LOURDES E MERCHI de parte da nosa clase, porque o intenso traballo realizado pola vosa parte fará e fai que nos respectemos máis e mellor, valoremos as nosas diferenzas e nos axudemos nas dificultades, porque todos somos DIVERSOS!!!


Tivemos a ocasión de que a asociación APAMP ( Asociación de familias de persoas con parálisis cerebral) nos visitara no cole.

A misión de APAMP é contribuír ao desenvolvemento do proxecto de vida de cada persoa con parálise cerebral ou a fín, prestando os apoios necesarios, e  facilitando oportunidades para que poida tomar as súas propias decisións e par ticipar ac tivamente na sociedade. Asistiron integrantes do equipo Tamiar Apamp de Vigo e o seu adestrador. Un deles Nacho Fernández (irmán da profe Vero) é campión nacional de Slálom.











Tamén tivemos a ocasión de que os alumn@s de sexto curso nos representaran a obra do CAZO DE LORENZO, facendo despois unha pequena posta en común do conto e comentando o que nos parecía que quería decir esta marabillosa obra.
Dicirvos que nos encantou tamén un xogo de palmas que fixemos misturándonos todos, ao principio deunos un pouquiño de vergoña porque tiñamos que facelo con unha persoa de outro curso que non fora o nos, pero despois foi moi moi divertido.
   







                                                   DI                        DI
                                                   DI                        VER
                                                   DI                         SI
                                                   DI                         DA
                                                   DI                         DE



 Os compis da fundación Igual Arte tamén nos fixeron un concerto,son un espazo activo onde se traballa a arte con persoas con capacidades diferentes, entendendo que a arte é un dereito que nos pertence a todos, que leva consigo a maxia de expresar, comunicar, transmitir...







E como posta final traballamos na aula de Plástica a nivel grupal, pequenos murais do que nos supuxo para nós esta semana, deixando que a creatividade fixera o demais.



















No cole quedaron reflectidas as firmas de tod@s os que estamos neste cole!!!













mércores, 27 de maio de 2015

EDUCACIÓN VIAL

Onte tivemos a presencia da POLICÍA, BOMBEIROS, e PERSOAL DO CONCELLO, cos que participamos nun circuito de educación vial. Foi moi interesante e divertido, pero sen dúbida o que máis nos gustou foron os KARTS. Aí tedes fotiños para comprobar o ben que o pasamos!!!