Benvid@s!!!!

domingo, 25 de outubro de 2015

ESTÁ SEMANA ACONTECERON UNHA MOREA DE COUSAS!!

SEMANA DO 19 AO 25 DE OUTUBRO de 2015

Nesta semana aconteceron unha morea de cousas!!

Ímos por partes!!

Unha Visita de categoría...Susana Rodríguez Gacio estivo no noso cole!!
Susana ademáis de deportista paratriatleta, foi medalla de bronce no campionato do mundo celebrado en Chicago. Aos seus 27 anos xa é médico e fisioterapeuta. 
É albina polo que ten unha alteración xenética que lle impide producir melanina na pel, cabelo e ollos.   Isto fai que só teña un 5% de visión nun ollo e 7% noutro. 
Isto non foi impedimento para Susana acabara no deporte e mais concretamente no paratriatlón (natación, atletismo e ciclismo) e agora aspire a conseguir unha medalla nas olimpiadas de Río de Xaneiro de 2016. 
Ao finalizar de escoitar a súa experiencia foi moi amable e asinounos autógrafos a tod@s e entrevistámola  en Radio Vilameán....Velaí os locutores...
Moita sorte Susana!

Visita de Jose Luis (avó de Gisela)

Outra visita de categoria....Jose Luis foi mariñeiro, albanel e empregado de Citroën...na súa vida pasou por diferentes etapas...todas elas moi interesantes que os alumnos de 5º tiveron a sorte de escoitar.
GRAZAS Jose Luis!!





Un avó de categoría!!

3º APERTURA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
 A profe Marta (a nova Biblitecaria) informounos de como está distribuida este ano a biblioteca e de todas as novidades para este curso 2015/16.
Fixémoslle unha entrevista o día da apertura, xogamos a un xogo no patio da búsqueda dunha portada dun libro, explicounos o concurso mensual "1,2,3, a resposta atoparei"...
Mirade, mirade....




mércores, 14 de outubro de 2015

UNHA VISITA ESPECIAL: O AVÓ MANOLO

Hoxe mércores 14 de outubro recibimos na hora de ler a un libro vivo; MANOLO!!


Manolo é o avó de Javi Pérez. 





Ten 68 anos e vive na parroquia de  Camos. Contounos un montón de cousas da vida. Un pracer escoitar as súas aventuras como mariñeiro (35 anos embarcado por todo o mundo: Terra Nova, África, Nova York, Noruega,...) Unha morea de sitios...Foi a escola ata os 14 anos e despois comezou a traballar como albanel.



Deulles un bo consello: "Nenos...o mellor que podedes facer é estudar!. Estudando pódese facer de todo pero.... sen estudos non ídes a ningures!" 
GRAZAS MANOLO POLAS TÚAS VERBAS E CONSELLOS!! DEICA PRONTO!!

domingo, 4 de outubro de 2015

Traballamos na clase de lingua: o dicionario.

Aquí tedes unha mostra de que xa comezamos a quentar motores..... traballo de aula: o uso do dicionario.




Hoxe "MEISON" colouse na clase de 5ºB

Hoxe, venres 2 de outubro de 2015 estivemos acompañados por Meison!!

Meison é un loro de frente vermella. Os loros soen vivir uns 60 anos pero Meison apenas é un cativo. 




O seu dono David (4º de primaria) e mailo seu pai tiveron o detalle de vir a ensinarnos a súa mascota especial.


Esperamos ter mais visitas así de divertidas e interesantes!!

xoves, 1 de outubro de 2015

PROGRAMA SCHOOL TO SCHOOL

CURSO  2015/16
FUNDACIÓN VICENTE FERRER

Hoxe 1 de Outubro de 2015 visitounos María Moldes (actual cooperante da fundación na India).

María é licenciada en Bellas Artes, Antropóloga e Publicista, pero abandonou a súa carreira profesional para entregarse a fondo nas labores da fundación. O que máis lle gusta da India foi o bo carácter e trato coa xente. Encántalle ese país a pesar das súas comidas picantes e especiadas.





Benvidos a 5º B de primaria!!